Pénélope
"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"
Nimbos (1961)
Un gusto volver a leerte, y una preciosa poesía. No tardes tanto en volver.
ResponderEliminarUn saludo.
Carmen (Salamanca)
Encántame este poema e gustoume que alguén o sacara aos blogs para que nos coñezan un pouco máis...Aínda que a conclusión ,dada a súa estrurura pechada nos dea para pensar con pesimismo...
ResponderEliminarUn saúdo.